Moción demandando a cobertura de profesorado no Instituto Agra de Leborís
Este é o texto íntegro da moción:
Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación a seguinte MOCIÓN:
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
Atopámonos novamente nun inicio de curso escolar con moita conflitividade, como xa vén sendo habitual desde que o Sr. Feijoo preside o goberno galego, pois ano a ano increméntanse os recortes para o ensino público, tamén na supresión de moitas prazas de profesorado.
Estos recortes de profesorado están a afectar dun xeito grave ao Instituto Agra de Leborís da Laracha. Xa o curso pasado se viu afectado este centro, que tivo que eliminar unha unidade de 2º da ESO, pasando de 4 grupos a 3, o que tivo como conseucencia unha masificación das aulas que levou ao resultado dun aumento do fracaso escolar. Pois ben, este ano os nos novos recortes no profesorado obrigan a reducir tamén o número de grupos de 1º da ESO, que pasan tamén de 4 a 3, o que inevitablemente tamén suporá incrementar o fracaso escolar neste nivel ao incrementarse a masificación das aulas.
Toda a comunidade escolar manifestou a súa indignación por esta situación, profesores, pais e nais, alumnado. Non é de recibo que desde a Consellería de Educación se esté a fomentar o fracaso escolar deste xeito, ao incrementar a masificación das aulas, polos tremendos recortes orzamentarios que cada ano van a máis no ensino público, mentres se continúan a aumentar os concertos co ensino privado e se despilfarran millóns de euros en propaganda (como por exemplo a publicidade do decreto que elimina o galego da maior parte das materias, na que se gasta un millón de euros).
Por outra banda, o Instituto Agra de Leborís quedou fóra do chamado proxecto “Abalar”, polo que se dotou a varios centros de equipos informáticos. Foron moitos os centros públicos que quedaron sen ordenadores, mentres se atendiu a moitos privados. No caso do Instituto da Laracha, estamos a falar dunha nefasta xestión por parte da Consellería de Educación, pois no seu momento se concedeu unha axuda para a instalación de cableado e a preparación de varias aulas para instalar equipos informáticos, ademais da formación do profesorado, e agora resulta que non se lle conceden os ordenadores. Ou sexa, que ademais de unha discriminación á comunidade educativa da Laracha, que quedou totalmente excluída do proxecto Abalar, unha nefasta xestión pois se non se instalan os ordenadores logo do investimento feito estáse a despilfarrar o diñeiro dos contribuíntes.
Desde o Grupo Municipal do BNG consideramos que a política do Partido Popular desde o goberno galego está a afectar gravemente aos laracheses e larachesas, cos recortes en todos os servizos públicos, no ensino, na sanidade, nos servizos sociais. Esta é a política do Sr. Núñez Feijoo, recorte nos servizos públicos e aumento dos concertos e as privatizacións, ademais do despilfarro en publicidade e propaganda. Por todo o exposto con anterioridade, o Grupo Municipal do BNG propón ao Pleno da Corporación a adopción do seguinte ACORDO: Instar á Consellería de Educación da Xunta de Galiza á cobertura inmediata de todas as prazas de profesorado do I.E.S. Agra de Leborís, de xeito que se poidan manter os catro grupos de ESO en todos os niveis, e demandar tamén da Consellería a dotación de equipos informáticos para o centro.