Moción para a construción de beirarúas e aparcamentos no entorno do CEIP Otero Pedrayo

 

Xoán Manoel Sande Muñiz, concelleiro do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o seu debate no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación a seguinte MOCIÓN:

 

 

 

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

 

 

             Desde o BNG da Laracha temos manifestado en máis dunha ocasión algo que para nós é unha necesidade que entendemos se debería abordar por parte do goberno municipal, que é a instalación de beirarrúas no entorno do Colexio Otero Pedrayo da Laracha, en toda a parte lateral por onde as nais e pais van a levar e recoller os nenos e as nenas que non van ao colexio no transporte público. Ademáis, agora que se están a levar a cabo as obras nas travesías da rúa Eusebio Bértoa, entendemos que se debería continuar coa instalación de beirarrúas na zona da entrada ao colexio antes mencionada, nas dúas beiras da estrada.

Por outra banda, entendemos que se fai necesaria tamén a dotación de aparcamentos nesa zona lateral do Colexio, pois non hai practicamente ningún lugar no que aparcar salvo na propia rúa, polo que entendemos desde o BNG que habería que facer un esforzo por intentar (desde o Concello) adquirir terreos suficientes para facer unha zona de aparcamentos “en batería” neste lugar.

 

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG da Laracha somete á consideración do Pleno, a adopción do seguinte ACORDO:

 

 

O Concello da Laracha abordará a construcción de beirarrúas na zona da entrada lateral do Colexio Otero Pedrayo,  e así mesmo, faranse os trámites oportunos para a adquisición de terreos neste lugar co obxecto de dotalo de aparcamentos en batería dos que poidan facer uso os pais e nais que levan e recollen aos seus fillos.

 

 

 

 

A Laracha, 16 de maio de 2008

 

 

 

Asdo.: Xoán Manoel Sande Muñiz,

Concelleiro do Grupo Municipal do BNG da Laracha

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]