Especial "Lei de Comercio do PP"

O pasado mes de decembro foi aprobada no Parlamento de Galiza a nova Lei de Comercio. Esta lei é un proxecto iniciado polo BNG na época do goberno bipartito, pero que logo do cambio de goberno os Populares se encargaron de converter nun texto “descafeinado”, un panfleto propagandístico que non  resolve ningún problema, baleiro de contido, carente de medidas específicas, que non ordea o sector do comercio, que renuncia a racionalizar a implantación de grandes superficies comerciais e que non se pon do lado de quen crea País, senón de quen o destrúe nestes momentos de crise económica.

O BNG da Laracha quere expresar unha vez mais o seu firme compromiso con este sector, e así o reflexa no seu programa de goberno, no apartado de desenvolvemento local e promocion de emprego onde nos marcamos como meta fundamental e inenludible  Dinamizar o comercio local, coa posta en marcha de campañas específicas e impulsar a creación dun Centro Comercial Aberto convidando e animando aos propios comerciantes a traballar conxuntamente co equipo de goberno para entre todos acadar os obxetivos marcados e facendo do noso concello un lugar de referencia no sector servizos.

 

Nesta "arnela" especial podes ver como o PP da Laracha pretende implantar esta norma. Podes descargala en PDF ou vela na web picando aquí

NO COMERCIO DA LARACHA,

COA TUA FORZA, HAI FUTURO

 

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]