Que a Torre de Hércules non pare de alumear

A Coruña, 15 de xaneiro de 2012.- O BNG apoia aos traballadores da Torre de Hércules en conflito. Perto de mil persoas abrazaron a Torre para impedir que peche o faro e que despidan aos traballadores da empresa que tiña a concesión do mantemento da mesma. Xurxo Souto leu unhas palabras emotivas e divertidas sobre o conflito e as dificultades que ten o PP para manter aberto o faro bimilenario por causa dunhas pingueiras. Os concentrados diante da Torre pediron a demisión da concelleira de Cultura. Os dous sindicalistas pechados e en folga de fame baixaron e foron recibidos con alegría por todos os presentes. Os traballadores están dispostos a resistir. "O que faga falta" dixo Adolfo Naya, un dos delegados sindicais (CIG), que estivo pechado na Torre xunto a outro de UGT.

Espérase que o goberno da Coruña sexa sensible ás reivindicacións destes traballadores e que non invente escusas sobre a necesidade de pechar a Torre por unhas tarefas mínimas de mantemento. Parece que quere facerlle o traballo á próxima empresa concesionaria e non subrogar aos traballadores como é habitual.

 Información sobre recortes sanitarios e alternativas en Bergondo

Bergondo, 13 de decembro de 2011.- O BNG de Bergondo organizou un acto informativo sobre os recortes do PP na sanidade e as posibles alternativas. A preocupación destes días da desactivación das tarxetas sanitarias realizada polo Sergas está no centro do debate.

Antón Sánchez, portavoz do BNG no Concello de Bergondo, explicou as preguntas e alarma recibida no grupo municipal polos cidadáns, o que motivou a organización do acto.

 Charla de sanidade en Arteixo: preocupación polos recortes, centro de saúde tipo PFI

Arteixo, 22 de decembro de 2011.- O BNG de Arteixo organizou unha charla sobre sanidade pola preocupación cidadá polos recortes sanitarios e para informar das características dos centros, como o futuro de Vilarrodrís, financiados polo sistema de financiamento privado. Silvia Seixas, portavoz municipal do BNG no Concello de Arteixo, presentou o acto e participaron Xoán Sande, portavoz municipal do BNG na Laracha e membro da Comisión de Sanidade do BNG e Ramón Veras, responsable da Comisión de Sanidade do BNG e membro da Plataforma de defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña. 

O BNG rexeita a concesión privada, pero financiada publicamente, do Teatro Colón decidida polo PP

A Coruña, 4 de febreiro de 2012.- O Grupo do BNG na Deputación de A Coruña votou en contra da concesión da xestión privada do Teatro Colón, na sesión plenaria celebrada o pasado venres 3 de febreiro. O BNG propuxo un modelo de xestión pública aproveitando os recursos públicos existentes e acordado entre as tres administracións (Xunta, Deputación e Concello), un modelo útil para a cultura e que atendese á cidadanía de toda a provincia, pero o PP preferíu facer unha concesión privada e darlle ademais 300000 euros anuais á empresa concesionaria, un exemplo da boa xestión e austeridade deste goberno.

   [...]

teletipos

  • Axenda electoral 17 e 18 de novembro: Burgo-Culleredo, Cambre, Programa de Sanidade e o Mitin de Peche de Campaña na Coruña, en Palexco [...]

  • Axenda electoral 16 de novembro: Betanzos, Oleiros e A Coruña (na Sagrada Familia-Os Mallos) e acto cos delegados sindicais de CIG [...]

  • Axenda electoral 15 de novembro: Arteixo, Oza dos Ríos e A Coruña (no Birloque, CEIP Alborada) [...]

  • Axenda electoral 14 de novembro: Miño, Cambre, Arteixo (Meicende), Betanzos (Infesta) e A Coruña (CEIP Curros Enríquez) [...]

  • Axenda electoral 13 de novembro: Feirón en Carral. Feirón en Abegondo. Programa Coruñés Opina. Romaría en Culleredo. Mitin en Bergondo [...]

  • Axenda electoral 12 de novembro: 21,30 horas Cea en Cambre (Finca O Cenador), 10,30 Marcha pola N-VI (Mesón Os Patos) [...]

  • Axenda electoral 11 de novembro: 20 horas Mitin na Coruña (CEIP San Francisco Xabier), en Sada (Casa da Cultura) e en Cerceda (Aula de Cultura) [...]

  • Axenda electoral 10 de novembro: 20 horas Mitin na Coruña (CEIP Raquel Camacho) e en Culleredo-Vilaboa (Vilamelania) [...]

  • Axenda electoral 9 de novembro: 20 horas Mitin na Coruña (CEIP Ramón de la Sagra) e en Coirós (Mesón Santamariña) [...]

  • Axenda electoral 8 de novembro: 20 horas Mitin na Coruña, con Francisco Jorquera (CEIP Fernández Latorre) e Pastoriza (Local Sociocultural Barrionovo) [...]

  • Axenda electoral 7 de novembro: 12 horas Acto Sector Lácteo en Irixoa; 20 horas Mitin na Coruña (CEIP Manuel Murguía) [...]

  • Axenda electoral 6 de novembro: 11,30 Reparto electoral no Feirón de Miño; 20,30 Mitin en Betanzos [...]

tele bng