Novas

  

Fin de campaña electoral na Coruña: Calor, ilusión, forza e compromiso co futuro

A Coruña, 18 de novembro de 2011.- Hoxe foi o mitin de fin de campaña do BNG na Coruña. Un Palexco abarrotado, con xente fóra nos pasillos. Unha presentación orixinal e con forza de Isabel Risco. Participación de Xosé Manuel Carril, Dores Martínez Castelo, Antón Sánchez, Rosana Pérez, Guillerme Vázquez e Francisco Jorquera que foron destacando as claves desta campaña e do futuro.

En destaque: o compromiso do BNG con Galiza e coa maioría social, para facer fronte aos mercados, aos avaros poderes económicos, e ser un muro contra as posibles políticas do PP se gaña as eleccións. Unha chamada a superar o bipartidismo estéril. Unha chamada a superar o cambio de caras pero non de contidos.

Unha petición do voto máis útil en Galiza para a cidadanía e para Galiza: o voto para o BNG. [+]


Guillerme anima a votar "a alternativa galega e de esquerdas, o BNG"

A Coruña, 16 de novembro de 2011.- Guillerme Vázquez participou esta mañá nun reparto electoral na Feira de Betanzos, acompañado do candidato ao Senado Antón Sánchez, e cargos orgánicos e institucionais do BNG da comarca. [+]


O BNG aposta polo traballo e salarios dignos como chave para reactivar a economía

A Coruña, 16 de novembro de 2011.- O BNG celebrou esta mañá un encontro sobre economía e emprego. Guillerme Vázquez dixo que a única alternativa, a única saída a esta situación, é a democracia, traballo, salarios dignos, pensións dignas". [+]


Jorquera afirma que é máis necesario que nunca reforzar o BNG

A Coruña, 15 de novembro de 2011.- O cabeza de lista do BNG ao Congreso por A Coruña, Francisco Jorquera, percorreu esta mañá o mercado coruñés das Conchiñas onde repartiu propaganda electoral e realizou unhas declaracións aos medios de comunicación.

O candidato do BNG defendeu ao pequeno comercio e advertiu que se o PP gaña as eleccións "apostará pola liberalización plena de horarios comerciais" [+]


Mitin en Montealto

A Coruña, 14 de novembro de 2011.- Cun salón de actos cheo iniciou o acto María Xosé Bravo, seguíu Carlos Aymerich e rematou Dores Martínez Castelo.

Os asistentes ao acto escoitaron, escandalizados, o relato que facía Carlos Aymerich das últimas decisións de Feijoo e Farjas en Sanidade ao retirar a asistencia sanitaria e farmacéutica a persoas sen recursos e parados que agotaron as prestacións de desemprego, chamados parados código 29. Sen avisar, cando van pedir cita ou intentar retirar medicación da receita electrónica na farmacia, encóntranse que nin lles dan cita para o médico nin lles dan ningún medicamento. Nese momento son informados que perderon o dereito a asistencia sanitaria e que teñen que facer uns trámites. Mentres buscan os papeis e se fan os trámites (que poden durar ata 6-7 meses) estas persoas non teñen médico asignado, só serán atendidos en situación de urxencia e ademais teñen que asinar un compromiso de pago se o Sergas lles factura o servizo, xa que son considerados como pacientes 'privados'.

En Galiza hai 65000 familias sen recursos polo que cando menos xa temos un número de afectados. Pero, ademais, tendo en conta a situación actual de crise, quen pode asegurar que mañá non pecha a súa empresa e se encontra na rúa e ademais sen asistencia sanitaria. Feijoo e Farjas castigan, dun modo inhumano, aos máis vulnerables, aos que teñen máis necesidade de protección. O BNG demanda a retirada inmediata destas decisións da Xunta. [+]


Axenda electoral 17 e 18 de novembro: Burgo-Culleredo, Cambre, Programa de Sanidade e o Mitin de Peche de Campaña na Coruña, en Palexco

Xoves 17 de novembro

20 horas: Mitin no Burgo-Culleredo, no Edificio de Servizos Múltiples. Participan Raquel Jabares e Antón Sánchez.

20 horas: Mitin en Cambre, no Centro Sociocultural O Graxal. Participan Alfredo Rodríguez Abella e Dores Martínez Castelo.

20 horas: Presentación do programa de sanidade no Colexio Médico de A Coruña. Participa Ana Luisa Bouza

 

 Venres 18 de novembro

20 horas: Mitin de peche de campaña en PALEXCO. Participan Xosé Manuel Carril, Dores Martínez Castelo, Antón Sánchez, Rosana Pérez, Guillerme Vázquez e Francisco Jorquera [+]