Novas
O BNG rexeita a concesión privada, pero financiada publicamente, do Teatro Colón decidida polo PP
A Coruña, 4 de febreiro de 2012.- O Grupo do BNG na Deputación de A Coruña votou en contra da concesión da xestión privada do Teatro Colón, na sesión plenaria celebrada o pasado venres 3 de febreiro. O BNG propuxo un modelo de xestión pública aproveitando os recursos públicos existentes e acordado entre as tres administracións (Xunta, Deputación e Concello), un modelo útil para a cultura e que atendese á cidadanía de toda a provincia, pero o PP preferíu facer unha concesión privada e darlle ademais 300000 euros anuais á empresa concesionaria, un exemplo da boa xestión e austeridade deste goberno.
Que a Torre de Hércules non pare de alumear
A Coruña, 15 de xaneiro de 2012.- O BNG apoia aos traballadores da Torre de Hércules en conflito. Perto de mil persoas abrazaron a Torre para impedir que peche o faro e que despidan aos traballadores da empresa que tiña a concesión do mantemento da mesma. Xurxo Souto leu unhas palabras emotivas e divertidas sobre o conflito e as dificultades que ten o PP para manter aberto o faro bimilenario por causa dunhas pingueiras. Os concentrados diante da Torre pediron a demisión da concelleira de Cultura. Os dous sindicalistas pechados e en folga de fame baixaron e foron recibidos con alegría por todos os presentes. Os traballadores están dispostos a resistir. "O que faga falta" dixo Adolfo Naya, un dos delegados sindicais (CIG), que estivo pechado na Torre xunto a outro de UGT.
Espérase que o goberno da Coruña sexa sensible ás reivindicacións destes traballadores e que non invente escusas sobre a necesidade de pechar a Torre por unhas tarefas mínimas de mantemento. Parece que quere facerlle o traballo á próxima empresa concesionaria e non subrogar aos traballadores como é habitual. [+]
Charla de sanidade en Arteixo: preocupación polos recortes, centro de saúde tipo PFI
Arteixo, 22 de decembro de 2011.- O BNG de Arteixo organizou unha charla sobre sanidade pola preocupación cidadá polos recortes sanitarios e para informar das características dos centros, como o futuro de Vilarrodrís, financiados polo sistema de financiamento privado. Silvia Seixas, portavoz municipal do BNG no Concello de Arteixo, presentou o acto e participaron Xoán Sande, portavoz municipal do BNG na Laracha e membro da Comisión de Sanidade do BNG e Ramón Veras, responsable da Comisión de Sanidade do BNG e membro da Plataforma de defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña. [+]
Información sobre recortes sanitarios e alternativas en Bergondo
Bergondo, 13 de decembro de 2011.- O BNG de Bergondo organizou un acto informativo sobre os recortes do PP na sanidade e as posibles alternativas. A preocupación destes días da desactivación das tarxetas sanitarias realizada polo Sergas está no centro do debate.
Antón Sánchez, portavoz do BNG no Concello de Bergondo, explicou as preguntas e alarma recibida no grupo municipal polos cidadáns, o que motivou a organización do acto. [+]
O BNG pide a maior repulsa social para quen use a violencia coas mulleres
A Coruña, 12 de decembro de 2011.- O BNG expresa a máis enérxica condea do asasinato dunha muller en Carral, vítima da violencia machista. [+]
O BNG reclámalle á Xunta que poña en marcha as medidas previstas contra a Violencia de Xénero
A Coruña, 25 de novembro de 2011.- A responsábel comarcal do BNG, Silvia Seixas, anuncia a presentación de mocións nos concellos de toda a comarca contra a violencia de xénero e nas que esixe compromiso coas políticas de igualdade, unha proposta que xa foi presentada en Pleno polos nacionalistas no Concello da Coruña, mais que o PP impediu debater. [+]