O BNG rexeita a concesión privada, pero financiada publicamente, do Teatro Colón decidida polo PP

A Coruña, 4 de febreiro de 2012.- O Grupo do BNG na Deputación de A Coruña votou en contra da concesión da xestión privada do Teatro Colón, na sesión plenaria celebrada o pasado venres 3 de febreiro. O BNG propuxo un modelo de xestión pública aproveitando os recursos públicos existentes e acordado entre as tres administracións (Xunta, Deputación e Concello), un modelo útil para a cultura e que atendese á cidadanía de toda a provincia, pero o PP prefire velar por outros intereses.

O BNG solicitara con anterioridade unha xuntanza da Comisión de Traballo para decidir entre todos os representantes dos distintos grupos a fórmula máis acaída pero o PP non quixo actuar deste xeito e decidiu unilateralmente que o modo elixido ía ser a público-privada. O BNG lamenta que non se tivesen feito estudos serios sobre a posibilidade de que o espazo fose xestionado pola administración pública, en colaboración co Concello de A Coruña e a Xunta de Galiza, que é quen ten as competencias en Cultura neste país.

É preciso coidar e atender ás entidades que producen cultura galega e en galego desde as administracións públicasDeste xeito o PP entrégalle a unha empresa un espazo no que a Deputación gastou na súa compra e rehabilitación 13 millóns de euros e por enriba aínda paga todos os anos para compensar as posibles perdas da empresa a cantidade de 300000 euros dos seus fondos. Isto é un dispendio de fondos públicos, "esta é a boa xestión e a austeridade do Partido Popular".

O BNG propón a xestión pública do Teatro Colón

O BNG non só fai unha aposta pola xestión pública, dun xeito coordinado entre as tres administracións senón que pide unha programación na que a cultura galega e en galego estean amplamente representadas e onde as entidades, organizacións e grupos de Galiza teñan unha presenza moi importante nas actividades que se programen. Por outra banda o BNG criticou e denuncia a falta de programación de calidade no resto de espazos da provincia de A Coruña, xa que "esta nova concesión só se centra no Teatro Colón".

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]