Que a Torre de Hércules non pare de alumear

A Coruña, 15 de xaneiro de 2012.- O BNG apoia aos traballadores da Torre de Hércules en conflito. Perto de mil persoas abrazaron a Torre para impedir que peche o faro e que despidan aos traballadores da empresa que tiña a concesión do mantemento da mesma.

Apoio claro, desde o principio, do BNG aos traballadores da Torre de HérculesXurxo Souto leu unhas palabras emotivas e divertidas sobre o conflito e as dificultades que ten o PP para manter aberto o faro bimilenario por causa dunhas pingueiras. Os concentrados diante da Torre pediron a demisión da concelleira de Cultura. Os dous sindicalistas pechados e en folga de fame baixaron e foron recibidos con alegría por todos os presentes.

Os traballadores están dispostos a resistir. "O que faga falta" dixo Adolfo Naya, un dos delegados sindicais (CIG), que estivo pechado na Torre xunto a outro de UGT.

Espérase que o goberno da Coruña sexa sensible ás reivindicacións destes traballadores e que non invente escusas sobre a necesidade de pechar a Torre por unhas tarefas mínimas de mantemento. Parece que quere facerlle o traballo á próxima empresa concesionaria e non subrogar aos traballadores como é habitual.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]