Charla de sanidade en Arteixo: preocupación polos recortes, centro de saúde tipo PFI
Arteixo, 22 de decembro de 2011.- O BNG de Arteixo organizou unha charla sobre sanidade pola preocupación cidadá polos recortes sanitarios e para informar das características dos centros, como o futuro de Vilarrodrís, financiados polo sistema de financiamento privado. Silvia Seixas, portavoz municipal do BNG no Concello de Arteixo, presentou o acto e participaron Xoán Sande, portavoz municipal do BNG na Laracha e membro da Comisión de Sanidade do BNG e Ramón Veras, responsable da Comisión de Sanidade do BNG e membro da Plataforma de defensa e mellora da sanidade pública de A Coruña.
Falouse dos sucesivos recortes que está aplicando Feijoo en Galiza: o máis grave, a desactivación das tarxetas sanitarias, do que deu marcha atrás pola presión cidadá e mediática. Outros son:
Nos Centros de Saúde con financiamento privado poderá haber comercios/negocios privados no interior do centro- redución de gardas nocturnas nas farmacias no rural, de ambulancias e de postos nocturnos de ambulancias
- eliminación do pago da electricidade aos enfermos de bronquite crónica con osíxeno domiciliario
- cambio no financiamento das próteses. O novo sistema consiste en que os pacientes paguen primeiro a prótese e logo lle pidan os cartos ao sergas. Ata o momento o paciente ía a unha clínica de próteses, pedía a prótese prescrita polo facultativo e pagaba o que lle correspondía, o resto era pagado polo sergas á clínica.
- a partir do 1 de xaneiro as tarxetas sanitarias costarán 10 euros
- 0 euros en investimentos
- redución importante de persoal
- redución importante de financiamento en saúde mental, atención de drogodependencias e VIH
-...
Outro asunto que se tratou foi informar das ruinosas Iniciativas de Financiamento Privado, xa demostrado en Inglaterra e noutras CCAA como Madrid, pero, a pesar de todo, vanse construír centros deste xeito. Xa está en marcha o Hospital de Vigo e tamén pensan construír centros de saúde como o de Vilarrodrís no caso de Arteixo. Hai que ter en conta que neste caso sería posible usar espazo do centro de saúde para zona comercial, desde un supermercado a calquera tipo de negocio. Isto pode supoñer un uso ilegal xal que os terreos en moitas ocasións son expropidados para servizos públicos pero non para o lucro privado de ningunha empresa. O centro aínda non está licitado e o BNG estará atento ao que faga a Consellaría de Sanidade.
A Plataforma de defensa da sanidade pública, na que participa o BNG, tense enfrontado directamente contra todas estas iniciativas de financiamento e así seguirá para intentar frear o deterioro e privatización dos servizos sanitarios públicos.