Información sobre recortes sanitarios e alternativas en Bergondo
Bergondo, 13 de decembro de 2011.- O BNG de Bergondo organizou un acto informativo sobre os recortes do PP na sanidade e as posibles alternativas. A preocupación destes días da desactivación das tarxetas sanitarias realizada polo Sergas está no centro do debate.
Antón Sánchez, portavoz do BNG no Concello de Bergondo, explicou as preguntas e alarma recibida no grupo municipal polos cidadáns, o que motivou a organización do acto.
O feito máis grave cometido por Feijoo e Farjas nesta lexislatura, o recorte de dereitos: impedir acceder a asistencia sanitaria a parados e persoas sen recursosAna Luisa Bouza, portavoz parlamentar do BNG en sanidade, e Ramón Veras, responsable da comisión de sanidade do BNG e que forma parte da Plataforma de defensa da sanidade pública da Coruña, criticaron a falsa austeridade das políticas de Feijoo. Presentaron os protocolos que o propio Sergas remitíu aos centros de saúde. Nestes protocolos se detallan os documentos que lle piden aos paradas de longa duración e ás persoas sen recursos para que pidan de novo a tarxeta sanitaria.
Por moito que minta Farjas, quen insiste en negar que recortaran dereitos, ou en botar as culpas ao INSS, o certo que en Galiza quen desactiva e activa as tarxetas sanitarias é quen as emite, que é o propio Sergas e a Consellaría de Sanidade.
A presión cidadá e mediática fixo que o PP dese marcha atrás e agora activaron de novo as tarxetas, pero aínda non retiraron a Orde na que decidían desactivalas.