O BNG pide a maior repulsa social para quen use a violencia coas mulleres

A Coruña, 12 de decembro de 2011.- O BNG quer expresar publicamente a seu rexeitamento máis drástico da violencia machista e a súa condena polo asasinato esta mañá dunha muller en Carral. Asemade, o BNG expresa a súa solidariedade e apoio á familia e amigos da vítima.

Temos que conseguir entre todos que ningún home se atreva a agreder a unha muller. Que saiba que nunca será aceptado se o faiPara o BNG este novo asasinato é unha traxedia persoal que evidencia as consecuencias máis dramáticas da violencia machista: o asasinato que cobra vidas de mulleres a mans das súas parellas ou ex-parellas.

O BNG quere expresar que a sociedade no seu conxunto quen é vítima desta lacra social e que a resposta, hoxe máis que nunca, ten que ser de todas e todos, na denuncia e no rexeitamento día a día dos actos de violencia exercidos contra as mulleres. As accións particulares, das persoas que coñecen os casos de violencia, dos veciños e veciñas, dos amigos e amigas, de quen poida presenciar ou detectar agresións, son contributos imprescindíbeis e aínda necesarios para loitar contra a violencia de xénero.

A resposta é de responsabilidade social para acabar coa violencia de xénero, conseguir a autonomía das mulleres para saír con garantías da situación de violencia e camiñar cara unha sociedade sen violencia e en igualdade entre homes e mulleres.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]