O 13 de outubro inaugúrase a Exposición "A Coruña na creación do libro galego"

Convite da Real Academia Galega e o Concello da Coruña

A Coruña, 12 de outubro de 2010.- Mañá mércores 13 de outubro, ás 19,30 horas, inaugúrase no Pazo Municipal da Coruña a Exposición "A Coruña na creación do libro galego". Estará aberto ata o 21 de novembro.

En 1810 imprímese na Coruña o primeiro libro en galego. Tres anos despois edítase o primeiro supervendas da literatura galega, pero é no periodo 1885-1931 cando se configura na cidade a moderna empresa editora. A partir de 1885 a Biblioteca Gallega de Martínez Salazar comeza a formar un público e a seguinte xeración de editores xa é quen de soñar cun mercado. Leandro Carré e Ánxel Casal empezan a cadrar os números do libro en galego.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]