O BNG comarcal celebra o 25 de xullo dia da patria galega.

Rianxo, 23 de xullo de 2009.- Hoxe celebraremos o día da patria galega na vila rianxeira, o lugar idóndeo dende onde reivindicar a defensa da nosa cultura e do noso idioma, para facer fronte aos continuos ataques que a lingua galega recibe do goberno do Partido Popular. Comezaremos as 8 e media da tarde cun roteiro cultural que sairá do peirao de Setefogas, facendo paradas nos lugares simbólicos do casco antiguo, con interpretacións musicais, poesía, monólogos, lectura de textos,... Aproximadamente as 9 e media contaremos coa presenza do portavoz parlamentar Carlos Aymerich para un acto político no Campo de Arriba ou na Casa da Cultura se o tempo nos obriga a elo. 

 Constitución do novo consello comarcal do Barbanza

Ribeira, 6 de xullo de 2009.- Constitueuse o novo consello comarcal, encabezado como responsábel comarcal pola compañeira Dores Torrado, concelleira na corporación de Boiro.

O deputado Fernando Branco estivo na comarca para explicar a postura do BNG sobre a fusión das caixas.

A Pobra do Caramiñal, 19 de febreiro de 2010.- O deputado do BNG no parlamento galego Fernando Branco desprazouse ata á Pobra do Caramiñal para intervir nun acto sobre a fusión das caixas galegas. Estivo acompañado por Rosana Pérez, portavoz municipal da Pobra e deputada provincial e por Dores Torrado, responsábel comarcal e concelleira en Boiro. Afirmou que Galiza precisa que o centro de decisión de como se invirten os aforros dos galegos e das galegas debe permanecer na propia Galiza, e non desprazarse a outras partes do estado e que polo tanto a fusión galega é a única garantía de que o noso país dispoña dun sistema financeiro propio.  [...]

teletipos

tele bng