O BNG comarcal celebra o 25 de xullo dia da patria galega.

As sete paradas do roteiro

O acto consistirá nun roteiro cultural polo casco antiguo de Rianxo, ao remate do mesmo terá lugar un acto político no Campo de Arriba ou na Casa da Cultura se o tempo non acompaña.

1º Roteiro Cultural víspera do día da patria:

1.    Ponto de encontro: peirao de Setefogas, na entrada de Rianxo. O escritor Xosé Luis Axeitos será quen nos guie a través de todo o itinerario.

2.    Busto de Xosé María Brea Segade: lectura a cargo de Xosé Ramón Brea Rey, sobriño do autor.

3.    Casa de Manuel Antonio:  Intervención poética.

4.    Casa de Castelao: Xosé Luis Axeitos tomará de novo a palabra para falarnos da obra e do pensamento de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.

5.    Casa Rafael Dieste: Escenificación a cargo de Adelina Ces, Mercedes Pimentel e Mari Carmen Santos.

6.    Praza da Igrexa: David Pobra da Compañía Bicodobrelo e interpretará un monólogo da obra Comedia Bífida de Xosé Núñez Singala.

7.    Restaurante Feliciano: Interpretación musical dirixida por Sabela Galván.

O acto político será aproximadamente ás 9 e media na Casa da Cultura, presentara Dores Torrado, a resonsábel comarcal e intervirá Carlos Aymerich, portavoz parlamentar.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]