O deputado Fernando Branco estivo na comarca para explicar a postura do BNG sobre a fusión das caixas.
Fernando Branco acompañado por Dores Torrado e Rosana Pérez Fernández
A iniciativa do BNG permiteu aprobar unha nova lei de caixasFernando Branco argumentou que ao BNG non lle queda outra que apoiar a fusión das duas caixas galegas máis importantes. O escenario económico do estado, condicionado polo Fundo de Reestruturación Ordenada Bancaria e pola política do goberno central, promove a fusión de caixas de aforro, co obxectivo de fortalecelas fronte á crise. Neste contexto de fusió obrigada, o BNG só pode optar pola fusión entre as caixas galegas, para impedir que os centros de decisión marchen do noso país cara outras zonas do Estado Español.
A actuación do PSOE favorece aos intereses centraisO deputado criticou a actuación do PSOE en Galiza, a súa falta de autonomía fronte ao poder central e a falla dunha postura única, os localismos impiden que esta forza política adopte unha decisión de compromiso co futuro do país. Os que defenden os supostos intereses de Vigo e Caixanova, en realidade fanlle o xogo aos intereses que emanan de Madrid, os dos grandes monstros financeiros españois que teñen deseñada unha estratexia de absorción das caixas galegas. O deputado tamén afirmou que o aforro de Caixanova non é exclusico da cidade de Vigo, senón que moitos galegos e galegas doutras partes de Galiza teñen alí os seus aforros.
A fusión galega é a única garantía de que Galiza teña un sistema finaceiro propioO BNG defende unha fusión paritaria e equilibrada entre as duas caixas, sen vencedores nen vencidos. A fusión galega é a única garantía de que o País vaia manter un sistema financeiro propio. As posibilidades son duas: ou unha grande caixa galega ou duas sucursais de bancos con sede en Madrid. Ou se está con Galiza e a prol da fusión galega, ou se entregan as caixas á banca privada española.
Pódese descargar o díptico informativo sobre a fusión das caixas editado polo BNG.